Cargando Eventos

« Todos Eventos

Campamento I: Audiovisuais

8 a 16 anos
Del24 de junioal28 de junio
lunes, martes, miércoles, jueves y viernes
(Evento recurrente)
De09:30a14:00
Rúa do Abrevadeiro 1 - 32004 Ourense, Spain
988 37 45 23
Número de plazas: 30
  • Creación de Stop-motion
  • Creación do seu propio cortometraxe de animación 3D
  • E-Sports.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria rapazas e rapaces nacidos entre os anos 2003 e 2011, ambos os dous incluídos. (Entre 8 e 16 anos).

Solicitude de prazas

As solicitudes deberán presentarse por vía on-line a través do formulario dispoñible na WEB https://www.lamolinera.net/, sendo este o único xeito de facer a inscrición.

As solicitudes deben ser cumprimentados de acordo coas seguintes normas:

  1. Cada rapaza ou rapaz poderase inscribir como máximo a dous campamentos, podendo só participar nun deles. No caso de que saíra seleccionado nos dous, deberá elixir un deles, liberando unha das prazas.
  2. Si alguén se inscribira en mais de dous obradoiros, automaticamente serán dadas de baixa as súas solicitudes, non tendo dereito a participar en ningún dos campamentos.
  3. Os datos da solicitude, e sobre os que se realizará o sorteo, deberán ser os do rapaz ou rapaza que participe no campamento, (Con independencia que na propia solicitude inclúese o nome da nai, pai ou titor/a legal).
  4. O prazo de presentación será dende o luns 27 de maio as 10:00h ata o mércores 5 de xuño as 24:00h.

A adxudicación das prazas

Realizarase un sorteo público, polos técnicos municipais, por cada Campamento cos seguintes criterios de selección.

1. Realizaranse 5 sorteos equivalentes aos 5 campamentos seleccionados ata establecer unha orde por todas as solicitudes realizadas. Desta forma estableceranse os adxudicatarios provisionais das 30 prazas de cada campamento e a lista de espera do resto das solicitudes.

As 30 prazas dispoñibles de cada campamento, asignaranse correlativamente por orde alfabética entre as persoas inscritas en tempo e forma aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez que remate o prazo de inscrición. O lugar e a data de realización publicaráse na páxina web de La Molinera.

2. No sorteo extraeránse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e a segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaránse a cabo con todas as letras.

3. A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte persoa solicitante por orde alfabética pasando de ZZ a AA.

4. En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.

5. Non se permite a cesión da praza adxudicada a terceiras persoas.

6. O resultado do sorteo, publicarase na páxina web da Molinera e expoñerase no taboleiro da mesma. Os rapaces e rapazas con praza adxudicada serán notificados seus pais ou titores por teléfono, correo electrónico ou vía sms para que en tempo presenten a documentación que se lle solicitará para poder comenzar o campamento.