Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiros de diversión e tecnoloxía Kid

10-16 años
Del26 de diciembreal4 enero
(Evento recurrente)
De10:00a14:00
Rúa do Abrevadeiro 1 - 32004 Ourense, Spain
988 37 45 23

RESULTADO DEL SORTEO inscripciones a los Talleres de Diversión y Tecnología KIDS

En cuanto a las Jornadas STEAM también se cubrieron las plazas de cada jornada.

Desde La Molinera nos comunicaremos para confirmar con los padres de l@s participantes que han salido seleccionados por el sorteo.


Mercores 26 de decembro; LABORATORIO DE INVENTOS, desenrola a túa Creatividade.

INSCRIPCIÓN


Xoves 27 de decembro; ROBÓTICA. O teu primeiro robot.

INSCRIPCIÓN


Venres 28 de decembro; DRONS; O mundo dos dróns o teu alcance

INSCRIPCIÓN


Mercores 2 de xaneiro; PROGRAMACIÓN; Primeiros pasos en programación con ARDUINO

INSCRIPCIÓN


Xoves 3 de xaneiro; MINECRAFT: “ Crear para pensar, as cidades donde vas a vivir con Minecraft;

INSCRIPCIÓN


Venres 4 de xaneiro; REALIDADE VIRTUAL; A túa postal de navidade con realidade virtual.

INSCRIPCIÓN


Inscripcións do 12 ao 18 de decembro en www.lamolinera.net


INSTRUCCIÓNS para Solicitude de prazas

 

1. As solicitudes deberán presentarse por vía on-line a través do formulario, sendo este o único xeito de facer a inscrición.

2. As solicitudes deben ser cumprimentados dacordo coas seguintes normas:

a)  Cada rapaza ou rapaz poderase inscribir como máximo a dous obradoiros, podendo só participar nun deles. No caso de que saíra seleccionado nos dous, deberá elixir un deles, liberando unha das prazas.

b)  Se alguén se inscribira en mais de dous obradoiros, automaticamente serán dadas de baixa as súas solicitudes, non tendo dereito a participar en ningún dos campamentos.

c)  Os datos da solicitude, e sobre os que se realizará o sorteo, deberán ser os do rapaz ou rapaza que participe no campamento, (Con independencia que na propia solicitude inclúese o nome da nai, pai ou titor/a legal).

d) O prazo de presentación será dende o día 12 de decembro as 12:00 ao 18 de decembro as 10.00 horas.

 

A adxudicación das prazas

Realizarase un sorteo público, polos técnicos municipais, por cada Obradoiro cos seguintes criterios de selección.

1.Realizaranse 6 sorteos equivalentes as 6 obradoiros seleccionados ata establecer unha orde por todas as solicitudes realizadas. Desta forma estableceranse os adxudicatarios provisionais das 15 prazas de cada obradoiro e a lista de espera do resto das solicitudes.

As 15 prazas dispoñibles de cada obradoiro, asignaranse correlativamente por orde alfabética entre as persoas inscritas en tempo e forma aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez que remate o prazo de inscrición. O lugar e a data de realización publicaráse na páxina web de La Molinera.

2. No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e a segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.

3. A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte persoa solicitante por orde alfabética pasando de ZZ a AA.

4. En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta.

5. Non se permite a cesión da praza adxudicada a terceiras persoas.

6. O resultado do sorteo, publicarase na páxina web da Molinera e expoñerase no taboleiro da mesma. Os rapaces e rapazas con praza adxudicada serán notificados seus pais ou titores por teléfono ou correo electrónico, para que en tempo presenten a documentación que se lle solicitará para poder comenzar o campamento.


Co fin de lograr a efectiva difusión dos obradoiros tecnolóxicos para próximas convocatorias e co obxetivo de garantizar os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artígo 2 da Lei 1/2016, d 18 de xaneiro, de transparencia e ben goberno), se recollerán experiencias e incluso fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas na prensa, publicacións e incluso divulgadas tanto a través dos servizos da sociedade da información como na páginas web, redes sociais do Centro de Coñecemento e Innovación La Molinera, e na do Concello de Ourense.

A estos efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imáxenes que serán incorporadas ó ficheiro Actividades dirixidas á cidadanía, co tratamento previsto.