Carlos Jean La Molinera Ourense

A innovación que nos leva
a co-crear o coñecemento

As persoas usuarias, innovadoras e comunidades colaboran empregando tecnoloxías de carácter dixital para co-crear coñecemento e solucións, co obxectivo de aplicalas a un amplo abano de retos e necesidades sociais.

A escala de aplicabilidade das solucións proporcionadas pola innovación social dixital sería inexplicable ou inimaxinable nas épocas anteriores ás TIC e internet.

Implicacións e obxectivos da Innovación Social Dixital

Proporciona respostas máis eficientes á totalidade da necesidade social, ofrece novas alternativas a problemas locais, crea solucións conxuntas froito da converxencia de distintas partes e permite aforrar recursos materiais, humanos e económicos se se aplica de forma correcta.

Capacita a sociedade para xerar novos modelos de colaboración e de novas relacións sociais.

Interactuar coa cidadanía e innovar

Calquera cidadá ou cidadán, que teña unha idea, un proxecto, unha necesidade, poderá telo, porque ten un espazo.

Un espazo con mentores, ferramentas dixitais e tecnolóxicas que permite conectar con outras persoas, coa administración, coa Universidade e empresas, (pemes, startups, etc) para dar o salto á Sociedade do coñecemento.

La Molinera, un laboratorio de persoas

Somos un laboratorio de innovación social, centrado nas persoas, que desenvolve iniciativas interxeracionais de innovación social e colaborativa, utilizando as tecnoloxías dixitais para co-crear coñecemento nunha escala inimaxinable antes das TIC.

Proxecto “Ourensanos Surfeando el Mundo”

Proxecto para a creación dunha rede de ourensáns polo mundo, que permita que se conecten e axuden entre eles, centrados principalmente no tema laboral.

Ver video do proxecto

Yes I Camp Moendo Coas TICs
Yes, I Camp. Campamento Intergeneracional

Proxecto que ten como fin potenciar a relación humana interxeracional entre usuarios das TIC e novas tecnoloxías mediante un formato campamento.

Un proxecto seleccionado pola Fundación COTEC no seu Programa de Innovación Abierta entre máis de 2.000 candidaturas.

Máis información

Programas Innovación Social Digital
Máis programas de Innovación Social Dixital

Neste ámbito, levamos a cabo diversos programas de capacitación e alfabetización dixital Aula CeMIT, os programas de empregabilidade dixital CeMIT, programas de fabricación dixital e programas de audiovisual e comunicación dixital.

Actividades

Somos un laboratorio de innovación social, centrado nas persoas, que desenvolve iniciativas interxeracionais de innovación social e colaborativa, utilizando as tecnoloxías dixitais para cocrear coñecemento nunha escala inimaxinable antes das TIC. Consulta as actividades que levamos a cabo en diferentes ámbitos.